Hoxe tivemos a nosa primeira actuación de clase! Pasámolo... de medo!!
Ambientamos a clase como se fora un escuro cemiterio, invitamos a vir aos compis de 4º A e fomos dicindo frases que deran algo de medo inventadas días antes.
Como o fixemos?
Primeiro buscamos palabras relacionadas co Samaín e co medo. Saíron un montón delas! (preme se queres velas).
Coas que tiñamos dúbidas buscámolas no Portal das Palabras e corriximos algunhas.
Despois, por grupos e con algunha axuda, inventamos pareados (estrofa de dous versos que riman entre si). Algúns ata se animaron con tercetos ou cuartetos!
De todas as inventadas, a profe elixiu algunhas e repartiunas deste xeito:

Clica sobre a imaxe para vela en grande.
Se te apetece, pon un comentario contando como o pasaches!

Paseimo moi ben.👍👍
ResponderEliminarGUS
ResponderEliminarGustoume moito. Moitas grazas Mar.