Dolmen de Dombate - Por Gus


Debuxo do dolmen de Dombate. Autor: Gus
Por Gus

Déixovos esta mensaxe para que visitedes o dolmen de Dombate nestas vacacións. Esta mámoa é do ano 3.500 a.C. (antes dos romanos). Está formado por pedras enormes e terra.

Este dolmen está situado na Costa da Morte, no concello de Cabana de Bergantiños. Está conservado dentro dun edificio construído de cristal e madeira. Ao lado deste, hai outro edificio onde está a recepción e un centro interpretativo onde se pode ver unha réplica do orixinal e onde podemos ver debuxos e outra información da mámoa.

Moi cerca do dolmen está situado o castro de Borneiro, de obrigada visita para os nenos e nenas, xa que as súas fotografías están en moitos libros de texto. Din que este castro é do século IV a. C. que aquí tampouco chegaron os romanos.

Para ir, dicídelle aos vosos pais que collan a autovía da Costa da Morte ata a saída 60, despois a carretera AC-430 en dirección a Cabana de Bergantiños, e xa encontraredes o dolmen e o castro sinalizados. Tamén vos podedes achegar a visitar a curiosa praia dos cristais de Laxe.

Boa viaxe e boas vacacións!


Debuxo dun castro. Autor: Gus

Debuxo de pinturas rupestres. Autor: Gus

Máis información: https://turismo.dacoruna.gal/es/descubre/patrimonio-provincial/dolmen-de-dombate

Comentarios

Publicar un comentario