Iniciando o noso proxecto sobre o son

Temos un pequeniño proxecto en mente. Trátase de estudar a contaminación acústica do noso cole nas horas e lugares nas que consideramos hai maior índice de ruido. Para iso contaremos cun instrumento de medición, un sonómetro, co que iremos rexistrando medidas dos decibelios que se acadan.
Pensamos que en dúas semanas teremos os datos necesarios para establecer algunha conclusión e incluso redactar algúns consellos para reducir a contaminación acústica que se producen nas subidas e baixadas das clases.
Esta semana redactamos entre todos unha solicitude dirixida ao equipo directivo para que nos permitan acceder ás zonas onde queremos medir. Recibiunos a directora Inés, que nos puxo un selo de entrada e deunos unha copia. Agora temos que esperar a contestación.
Ogallá nos permitan levalo a cabo!

Preme na solicitude para ampliala

Comentarios

  1. Eu quero estar nas escaleiras

    ResponderEliminar
  2. Fátima AR21 abril, 2019

    É un proxecto moi chulo! De seguro que o pasades super ben e aprendedes un montón.
    Xa nos contaredes os resultados 📣🗣🛎

    ResponderEliminar

Publicar un comentario