A buguina de Xurxo Souto

O pasado xoves 11 de abril visitounos unha persoa moi popular na nosa cidade: Xurxo Souto. Contounos unha chea de historias acontecidas na Coruña:
Entre historia e historia Xurxo fixo soar de cando en vez a súa buguina e despois berraba: MEDRE O MAR!!! E nós contestábamos levantando os brazos MEDREEEE!
Cando chegamos á clase, Bruno díxonos que tivera a oportunidade de poñer a buguina no seu oído e que escoitara o mar!

Pero... por que?


Por que se di que poñendo unha buguina na orella óese o son do mar? Que é o que escoitamos exactamente?  [Texto traducido do artigo "Por qué se escucha el mar en una caracola?"]

Di a cultura popular que as buguinas gardan no seu interior o son do mar. Así, un pode escoitar as ondas cun xesto tan simple como achegar a orella ao buraco da cuncha.

O que soa dentro da buguina é un murmurio que nos lembra ao son do mar porque é fluctuante, como as ondas que van e veñen. Ese son prodúcese porque no seu interior hai aire vibrando, é dicir, soando.

O son en xeral prodúcese pola vibración de algo nun medio, como o aire ou a auga. Por exemplo, unha corda dunha guitarra vibra. Ao vibrar, as moléculas de aire que están en contacto con ela tamén vibran. Esta capa fai vibrar a unha segunda capa que está en contacto con ela, e esta a unha terceira e así sucesivamente.

Estas ondas poden entrar en contacto con outro obxecto e facelo soar. Nós oímos, porque as ondas sonoras fan vibrar o tímpano do oído.

No caso da buguina, calquera perturbación sonora ao seu arredor contribúe a xerar o son no seu interior. Desde alguén falando preto, un coche pasando ata cousas tan suaves como os soplos de aire que golpean suavemente o exterior das paredes da cuncha. Estas perturbacións fan vibrar o aire contido na buguina e reforzan algunhas frecuencias.

Así, murmurios que eran imperceptibles fanse audibles para nós, que podemos percibir tan só un intervalo moi definido de frecuencias. Dado que as perturbacións externas son fluctuantes, o son resultante é similar ao das idas e vindas das ondas nunha praia. En realidade, calquera obxecto semicerrado, como un vaso, por exemplo, produce un efecto amplificador, como o descrito coa buguina.


Que foi o que máis che gustou da visita de Xurxo? Compárteo coas túas compañeiras e compañeiros poñendo un comentario!

ñaca ñaca vari  ñaca ñaca ñaca hu! ñaca ñaca vari vari vari vari hú!



Comentarios

  1. DanielaV.P.24 abril, 2019

    Mola moito a explicación de porque a buguina soa a mar ao acercarchela ao oído.
    👌👌👌👌👌👍👍👍👍👍

    ResponderEliminar
  2. O que máis me gustou foi a buguina 🐚 e o mapa dos arredores da Torre de Hércules, cos nomes das illas O Boi, A Vaca, o Becerro...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario