Respira...

As veces, volvemos do patio un pouco alterados por cousas que pasan durante o recreo: un conflicto no xogo, algún desacordo cunha amiga ou amigo... Non sempre ocurre, pero cando pasa, temos que ser capaces de xestionar todas esas emocións que en moitos casos non nos deixan resolver satisfactoriamente o problema coa compañeira ou compañeiro.
Hai un par de días comezamos a tomarnos un minuto despois do recreo para volver á calma e respirar:


O anterior é un vídeo que vos animo a ver con eles. É un vídeo en inglés con subtítulos en castelán e é posible que vaian algo rápido para algúns deles. Pero podedes pararllo cando o precisen ou diminuir a velocidade do vídeo.


"O tarro da calma"
O símil do que acontece na nosa cabeza témolo en como se comporta a purpurina dun tarro con auga despois de axitalo.
Cando onte viron o tarro da calma que temos na aula, pediron que se puxera no blog a forma de facelo, así que aquí tedes un dos moitos vídeos que hai na web co material e pasos necesarios: https://youtu.be/31eQ69ur9C4.


Comentarios

  1. Daniela V.P.21 xaneiro, 2019

    Como mola o vídeo da calma e o de como facer o frasco da calma.

    ResponderEliminar
  2. Encántame a idea de adicarlle un tempo despois do recreo para volver á calma. Véxoo moi necesario e ademais beneficioso para todos e todas !

    Cando vaia de visita xa me amosaredes ese tarro da calma que fixéchedes 😘

    ResponderEliminar
  3. Daniela V.P.31 xaneiro, 2019

    Grazas Eva, cando volvas prometemosche ensinarte o tarro da calma.👍👍👍

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas por mostrarnos este recurso, creo que é algo moi beneficioso para as nosas crianzas e para moitas persoas que somos adultas pero que necesitamos de cando en vez pararnos a respirar. Practicarémolo en familia ����‍♀️��‍♂️ .

    ResponderEliminar
  5. Evaa necesitamos que volváis xaa, votamoste moitisimo de menos, as clases son moi moi divertidas con Mar e ti, sodes as mellores profesoras que tiven neste curso, un bicazo ❤️❤️😝😝😍😍

    ResponderEliminar
  6. Eva queremos que volvas xa temos o tarro da calma, estou desexando que o veas

    ResponderEliminar
  7. O tarro da calma esta aquí, aguardando para que o veas, esta moi guay. 😁👍👍

    ResponderEliminar
  8. Eva son Martina,claro que te lo enseñamos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario