Mensaxe nun cartón de leite...


O 30 de xaneiro celébrase o día da Paz e no noso cole fixemos unha pequena conmemoración. Entre todos, construímos un camiño branco con cartóns de leite feitos por todos os nenos e nenas do cole, con mensaxes de paz en forma de debuxos, palabras ou frases.


A proposta do cole foi a de recoller, ao finalizar o acto, a mensaxe doutra persoa, e deixar que a nosa a recibira calquera outro neno ou nena. Isto xerou certo malestar nalgúns de vós, pois queríades levar de volta a vosa propia mensaxe.

Explicamos que a idea era facer como cando envías unha mensaxe nunha botella e a tiras ao mar, ou atopas unha botella con algo escrito nela: o importante era que a nosa mensaxe chegara a outro/a!  Pero non todos o aceptastes de bo gusto...

E ti que opinas de todo isto?  Mostra o teu parecer a través dun comentario, e... recorda! Se das unha opinión, arguméntaa!

Comentarios

  1. Que cousa bonita de vídeo Mar! Encantounos a idea, foi algo moi especial. Efectivamente para Lois tería sido mellor saber que ía intercambiar o seu debuxo con outro feito por outra crianza. Penso que de sabelo con antelación, non se tería disgustado, pero como o falamos na casa foi quen de entendelo. Quizáis para a vindeira ocasión se lles poda explicar o proxecto de maneira máis completa. Moitas grazas a todo o equipo organizador.

    ResponderEliminar
  2. De telo sabido o facía duplicado. Agora xa o entendín.

    ResponderEliminar
  3. Que bonito o vídeo😊

    ResponderEliminar
  4. Grazaa Mar por colgarlo😍😍😉😘🍶🍶


    ResponderEliminar

Publicar un comentario