Lois recomenda: "Kingdom Hearts, Final Mix"


Preme na imaxe para vela en grande

Por Lois C. A.

Kingdom Hearts, Final Mix é un cómic xaponés que me gustou moito. É un manga, aínda que neste caso está feito para ler de esquerda a dereita.
Está escrito por Shiro Amano e a idea orixinal é de Tetsuya Nomura. É da editorial Planeta cómic.

A súa historia está baseada nun videoxogo de rol de acción, o personaxe principal chámase Sora, e ten outros protagonistas de Disney como por exemplo Donald, Goofy, Minnie, Daisy, e tamén outros do xogo Final Fantasy.

Ten 3 tomos, e vai contando historias de aventuras nas que os protagonistas viaxan por reinos de contos nos que van aparecendo outros personaxes coñecidos como Ali Babá, Pepito grillo, A Sereíña... e se axudan uns a outros cando aparecen os viláns.


Comentarios

  1. A min gústanme moitisimo os mangas, apunto este para leelo!!! Graciñas Lois.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A min tamen me encantan os mangas,deve estar moi chulo.

      Eliminar
  2. De nada KONATA SAB

    ResponderEliminar
  3. Ten moi boa pinta.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario